A POTENCIACIÓN DAS CUALIDADES PERSOAIS
A POTENCIACIÓN DAS CAPACIDADES PERSOAIS POR: DAVID
Vivimos nun mundo invadido de estereotipos cuia exixencia obrigan a ter resultados inmediatos. Dende os nosos primeiros pasos na iniciación da vida somos educados e moldeados para cumprir unha función dentro da sociedade da que formamos parte.
A rapidez coa que se desenvolven tódolos factores que dan xeito ás nosas vidas, obriga a pais, nais i educadores a privilexiar nos fillos unha formación que cumpra cos requerimentos que a mesma sociedade crea.
Como consecuencia de todo isto prodúcese unha circunstancia fundamental á hora de formar a futuros adultos. Esa circunstancia é a de fomenta-la frustración nos seres humanos por mor de potencia-lo cumprimento das necesidades inmediatas en detrimento da consecución da plena realización do ser humano .
Cántas persoas caen vítimas da frustración tras ser amoldadas para cumprir nun sistema social baseado en obxectivos inmediatos a costa de perder tódolo seu potencial como individuo?.
Dende un principio edùcannos para ser funcionais ao sistema dando lugar á xeración de homes e mulleres adaptados a un medio baseado na produción infinita, o que, en consecuencia as cualidades intelectuais, físicas e artísticas son sometidas ao ostracismo formando humanos autómatas convertindo éstas en simples hobbys co que pasa-lo tempo libre.
Así , o único que conquerimos crear seres humanos frustrados i embrutecidos cuio único obxectivo é o consumo de produtos producidos por eles mesmos nas fábricas e talleres.
Cómo troca-lo rumbo?
Baixo o meu entender as alternativas para evitar que esta sangría de talento humano pasa por crear unhas fortes políticas educativas que fomenten a plena realización dos xóvenes mediante programas educativos en colaboración entre docentes pais e institucións públicas axeitados para cada circunstancia segundo habilidades como artes, matemáticas, ciencia, literatura, etc.
De conquerir este obxectivo seguramente esteamos ante a construcción dunha sociedade mellor.
Comentarios
Publicar un comentario