SOBRE A ACTITUDE
SOBRE A ACTITUDE
A medida que os seres humanos imos avanzando na vida adquirimos ao mesmo tempo un cúmulo de experiencias que van fomando os nosos pensamentos, valores e crenzas que nos axudan a afrontar dun xeito ou doutro as diferentes circunstancias que a vida nos presenta.
A actitude vaise modificando segundo as situacións emocionais e morais que imos adoptando ao pasar dos anos. Dependendo dos estados de ánimo poderemos ter unha actitude positiva ou negativa que nos levará ao éxito ou ao fracaso dependendo das circunstancias.
¿ Qué inflúe na actitude positiva ou negativa?
Ao depender dunhas circunstancias que poden variar no tempo, podemos interpretar a actitude dependendo da situación moral na que nos atopemos. Esta característica influenciada polos valores, crenzas e vivencias que imos acumulando, fan posible que dependendo do intre no que nos atopemos adoptemos unha actitude positiva ou negativa ante a vida.
¿ Qué facer para ter unha actitude positiva?
Lamentablemente no noso mundo a vida está construída para sufrila, o que favorece a negatividade á hora de afronta-los diferentes avatares que nos presenta.
O medo ao fracaso invade as nosas vidas dende que nacemos. Un medo que, produto das exixencias que a mesma sociedade fabrica, fai que o fracaso convírtase nunha característica que introducida externamente no noso subconsciente indúceo a adoptar unha actitude negativa á hora de afrontar novos retos.
Para afrontar ese novos retos atrévome a pensar que teñen que existir novas motivacións que nos inxecten boas doses de ilusión que activen dalgún xeito o optimismo preciso para, cando menos, tentar conquerir de xeito satisfactorio os obxectivos marcados.
Lograr unha actitude positiva precisará de ter claro a realidade na que vivimos , ser conscientes das nosas limitacións e avanzar en base a poñernos obxectivos que sexan realizables aínda que sexan moi pequenos.
Como seres emocionais que somos, penso que todos pasamos por momentos ao longo das nosas vidas de grandes rachas de negatividade e pesimismo, mais tamén de que somos conscientes de que tódalas circunstancias negativas que somos capaces de superar fortalécenos á hora de afronta-la pelexa diaria que supòn sobrevivir neste mundo cada vez máis embrutecido i empobrecido moral e socialmente.
Para poder experimentar ter unha actitude positiva á hora de emprender novos retos penso que é preciso perde-lo medo ao fracaso e aceptar que en caso de que éste se apodere dun, convertirase nunha cicatriz máis nesta guerra constante por sobrevivir, o que ao mesmo tempo fortaleceranos para afrontar con máis valentía os seguintes retos.
Non somos autómatas nin deuses infalibles, ao contrario, como seres humanos imperfectos que somos, fracasamos case sempre antes de conqueri-los obxectivos plantexados polo que debemos amosarnos cada vez máis fortes mentalmente porque así sairá a reluci-la tímida actitude positiva que se agocha nas profundidades do noso ser.
En conclusión, penso que a actitude en tódalas facetas da vida depende dos diferentes estados de ánimo polos que pasamos perante as nosas vidas. Ao vivir nun mundo no que o inmediato e o individual mistúranse coa banalidade para inducirnos aos “desafortunados” a un negativismo crónico, faise complicado atopar unha motivación para adoptar unha actitude positiva coa que afronta-las diferentes circunstancias que van dando forma ás nosas vidas.
Para rebelarnos ante a negatividade temos que dispor de motivacións que prendan a mecha do optimismo para pasa-las múltiples páxinas do que consta o libro que imos escribindo a medida que avanzamos neste peregrinar polo templo da vida.
Yo con los años y cada día estoy más y más convencida que el término medio es lo mejor. Es fácil decirlo y más difícil cumplirlo.
ResponderEliminarMi recomendación: Ten siempre ilusión por algo. Ayuda a vivir un poco más feliz. No escuches mucho a la gente , ten personalidad, no eres más que nadie , pero menos tampoco, y todos tenemos derechos y obligaciones, tus derechos se acaban cuando empiezan los de otro.
ResponderEliminar