A IMPORTANCIA DE ESCOITAR

A IMPORTANCIA DE ESCOITAR
   
 Dende o inicio das primeiras civilizacións o acto de escoitar foi fundamental para a transmisión de legados culturais e dos oficios da época. Os antigos transmitían os seus coñecementos ao través da fala mentres o receptor da información prestaba a máxima atención na escoita para recibir tódala sabiduría e tradicións da súa comunidade .
  Foi a filosofía dende os seus inicios quen potenciou a cualidade de escoitar combinada coa capacidade de reflexionar. Máis adiante coa implementación dos sistemas educativos foron os mestres quenes en base á comunicación oral formaban aos seus alumnos que ao aplicar atentamente a súa escoita adquirían os coñecementos para unha boa formación do mesmo xeito que os aprendices de oficios nas fábricas e talleres prestaban atención aos seus formadores.

  A medida que a Modernidade foise apoderando da sociedade produciuse un desenvolvemento baseado na producción constante dando lugar á sobreproducción i en consecuencia que homes e mulleres non dispuxesen do tempo preciso para adicar á reflexionar e a escoitar cunha actitude crítica.

 Actualmente xa non hai lugar para a reflexión, escoitar estáse a converter nun acto cada vez máis en desuso e tampouco hai espazo para exercer unha crítica ao mundo que nos rodea na vida cotiá.
 Este feito provoca na sociedade un prevalecemento das actitudes individuais sobre as colectivas que induce a un comportamento cada vez máis amoral ante as consecuencias das decisións do Poder.

 O consumo de medios de comunicación de masas colleu vital importancia a partires dos anos cincoenta do século pasado (despois da II Guerra Mundial) ata chegar aos tempos actuais onde a maioría da poboación sofre unha atrofia na súa capacidade de escoitar de xeito inconsciente dando lugar á inducción dunha ignorancia silenciosa que se adentra no subconsciente colectivo favorecendo á aceptación incondicional de toda información propagada polas televisións e rrss como unha verdade absoluta. Esta circunstancia prodúcese debido ao ritmo vertixinoso e antihumano dos horarios laborais que non permiten nin un ápice de tempo libre ao que adicar para reflexionar, pensar i escoitar nas relacións entre pais, fillos e familia en xeral.

 No canto á mocidade actual, observamos cómo a medida que as novas tecnoloxías van invadindo as súas mentes e hábitos, redúcese ao mesmo tempo a sùa capacidade de concentración precisa para escoitar.


Porquè escoitar?
    
 Ante esta stuación faise preciso analiza-la importancia de escoitar na sociedade.
 Escoitar e reflexionar implica te-la capacidade de cuestionar tódolo cuestionable; polo tanto, ¿a quèn pode incomodar que se fomente o hábito de escoitar?. Se sabemos todo o que implica escoitar , podemos chegar á conclusión de que os grandes perxudicados son os que ostentan a capacidade de manipulación social para manternos atrapados na ignorancia.
 A resposta á cuestión de porquè escoitar penso humildemente que se atopa nos conflictos diarios que levan á barbarie a boa parte da poboación mundial debido á ausencia, penso que predetreminada, de escoitar coa finalidade de chegar a acordos entre iguais despois de extensas reflexións.

 Escoitar fomenta que as relacións humanas se establezan dende unha forte base de empatía misturada cunha productividade emocional e socialmente que incluso dificulten a creación de conflictos, tanto de carácter  local como internacional.


Escoita acrìtica i escoita crítica
    
 Dende o meu humilde punto de vista e sen querer ser pretencioso atrévome a distinguir entre dous tipos de escoita: a escoita acrítica e a escoita crítica.
 A escoita acrìtica considero definila como a escoita que se fai prestando atención ( senon sería oír , non escoitar) sen racionalidade, con características de submisión sectárea.
 A escoita crítica conleva unha reflexión crítica ou autocrítica que conleva un progreso social i emocional tanto individual como colectivo.
 Realmente non abonda con escoitar como un feito abstracto como o pode facer un subordinado ante un superior executando ordes eficientemente. Este individuo escoitará, máis non irá máis aló. Nembargantes, se poñemos como exemplo ao fillo que escoita atentamente a arenga que lle pode adica-los seus pais, éste desenvolverá unha reflexión posterior que o levará a facerse unha autocrítica avanzando na súa formación como persoa adulta.



Conclusión

  En vista do exposto neste humilde e breve escrito, considero que a importancia de escoitar é vital para construir unha sociedade máis humana na que predomine a cordialidade e a solidaridade entre os pobos. Mais non abonda con escoitar soamentes, é preciso que para que se aplique unha escoita efectiva  faise preciso adoptar unha actitude crítica que nos leve a reflexionar para afronta-los avatares que a vida nos presente.
  Afrontamos un futuro incerto envolto nunha escuridade que probablemente convirta á mocidade de hoxe en día en futuros obxectos amorais mercantís das multinacionais.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Escuchar en el mundo actual

La importancia de escuchar