A CULTURA DO ESFORZO. UNHA REFLEXIÓN PERSOAL

 A CULTURA DO ESFORZO. UNHA REFLEXIÓN PERSOAL

   Fálase últimamente na sociedade actual sobre un hábito propagado polas clases adiñeiradas e os medios de comunicación de masas dunha cultura maiormente acaparada por persoas que conqueriron o éxito a partires dun esforzo e sacrificio creados por mor de dispor de tódolos medios e todo o tempo para adicarse en plenitude a logra-los seus obxectivos.

  Se observamos con atención a procedencia de todas esas persoas “exitosas” seguramente nos atopemos con que a maior parte proceden de familias de clase social alta. Non quere esto dicir que non  haxa unha porcentaxe menor de persoas pertencentes ás clases sociais máis baixas que conquerisen os seus obxectivos grazas ao seu esforzo.

 

  Mais a reflexión que me leva a desenvolver este escrito é o feito de cuestionar ata qué punto a cultura do esforzo é algo positivo para a sociedade actual de Occidente.

 

  Ubicámonos nunha parte do planeta no que todo se valora e conquire pola cantidade de influencia política i económica que o individuo en cuestión exerza ou dispoña. Non existe na cultura occidental a valoración do esforzo como unha actitude de superación persoal sen pisotear ao outro, tampouco se concibe o esforzo como unha ferramenta de sacrificio para favorecer aos demáis senón como un proceso para chegar a ser exitoso un mesmo sen pensar en poñer  a disposición do colectivo ese logro.

 

  Dun tempo a esta parte estase a dar un proceso de fomento da cultura do esforzo por parte de entidades bancarias que patrocinan coloquios sobre esta cuestión levando a xente exitosa para que expoña o seu caso e que sirva de motivación para outras persoas que se atopan nun intre baixo de moral debido ás circunstancias que a vida lles depara.

 

  Mais nese tipo de coloquios dáse unha menxase de individualismo e clasismo no que o individuo é o único responsable do éxito ou do fracaso encumbrando ao triunfador e criminalizando ao perdedor dentro dun sistema que se basea na loita desapiadada pola supervivencia ao máis puro estilo darwiniano que promulga a supervivencia do máis forte fronte ao máis feble obviando a reflexión de que as especies na natureza sobreviven en grande parte grazas á colaboración e á axuda mutua.

 

  Sería unha irresponsabilidade pola miña parte pasar por alto a existencia de determinados casos nos que a cultura do esforzo finaliza en éxito grazas a un proceso de colaboración entre varios individuos mais  iso non impide ocultar os efectos negativos de fomentar unha cultura dirixida coa finalidade de facer crer a unha parte importante da poboación que o esforzo é algo que garante a consecución dos obxectivos plantexados cando na realidade o normal é fracasar.

  Alguén dixo unha vez que para conqueri-lo éxito unha vez hai que fracasar moitas veces anteriormente.    Isto significa que a cultura do esforzo non debe interpretarse como algo que garanta o éxito.


 

O esforzo como unha actitude innata no ser humano

  Dende que existe o ser humano o esforzo supón a actitude básica para sobrevivir ao igual que tódolos seres vivos deste o noso único planeta. Ao principio podemos supoñer que os esforzos empregados polos seres humanos eran moito maiores ao non ter maquinaria nin ferramentas avanzadas para conqueri-los seus obxectivos como cazar ou a construcción, por exemplo, o que supuña un constante risco para as súas vidas. Este tipo de esforzo continuou sendo preciso ata a aparición das máquinas, que alixeiraron a dificultade de crear e construir tódolos elementos que levaron á humanidade ao progreso ata os nosos días.

  Isto pon de manifesto a cualidade innata do esforzo no ser humano. Unha cualidade cada vez máis corrompida polas circunstancias sociais que estamos  a vivir dende fai décadas. Fagamos unha análise sobre a procedencia social de tódolos cargos políticos e directivos xunto aos altos cargos da xurisprudencia e militar e probablemente nos atopemos con que a inmensa maioría proceden de clases sociais altas e formados en institucións privadas de elite. Isto anula a utilidade do fomento da cultura do esforzo  xa que se ben nalgún caso sí houbo un esforzo realizado, non menos certo é que foi todo debido á posibilidade de adicarse plenamente a esa formación sen outras preocupacións de por medio ademáis das consabidas vantaxes que outorga ser de determinada procedencia familiar.

  Pola contra se un home ou unha muller ten unha procedencia de familia humilde por moito que se esforce, o máis probable é que non conquira os seus obxectivos e, de conquerilos non serán de xeito pleno. Nunca poderá exercer altos cargos da xurisprudencia e gubernamentais, entre outros, simplemente coa súa valía, terá que valerse de influencias tanto externas como internas para acadar ese obxectivo e de acadalo estará de por vida condicionado por eses favores.

   En definitiva, para evita-la prevalencia da promoción do esforzo individualista sobre o esforzo colectivo sería preciso potenciar unha conciencia colectiva que poña en valor o esforzo colaborativo en favor do beneficio común. Para elo penso humildemente que será de vital importancia implementar unha educación nos centros educativos e nos senos familiares que poña coma un dos eixos fundamentais da formación dos cativos o esforzo colaborativo a prol do beneficio mutuo. Isto xunto co fortalecemento con políticas públicas que favorezan a inculcación de valores colaborativos que en combinación coa redistribución de oportunidades aproximarán á sociedade cara un mundo máis xusto.

     O verdadeiro progreso non virá da glorificación do esforzo illado, senón da construcción social dun mundo onde ese esforzo distribúa beneficios para todos e todas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Escuchar en el mundo actual

La importancia de escuchar